Un seareiro do Paris Saint Germain, apuñalado perto do Camp Nou ao termo do xogo co Barça

A vítima do ataque, feito polas costas, está fóra de perigo.

No serán desta cuarta feira, un home de nacionalidade francesa, seareiro do Paris Saint Germain, sofreu un ataque polas costas, en plena Avenida de Madrid, nas inmediacións do Camp Nou.

Segundo testemuñas, os agresores levaban o rosto cuberto e non mediou pelexa previa.

Os Mossos de Esquadra realizan agora pesquisas e ignórase se o ataque foi inflixido por seareiros blaugranas.

O xogo concluíu con vitoria da equipa catalá, por 3-1, con goles do seu tridente ofensivo, Messi, Neymar e Luis Suárez.

Comentarios