domingo 27/09/20

Dous casos positivos por Covid no Celta

Segndo prensa deportiva serían Brais Méndez e Santi Mina. 

Brais Méndez (Foto: RC Celta)
Brais Méndez (Foto: RC Celta)

Os resultados das probas  PCR ás que foron sometidos os xogadores do Celta o pasado sábado detectaron dous casos positivos no equipo vigués. O diario deportivo AS informa de que os xcogadores son Brais Méndez e Santi Mina. Ambos os dous están illados nas súas casas.

Os dous son casos  asintomáticos e atópanse en bo estado. Estaban citados para comezar a pretempada co Celta mais causarán baixa despois de dar positivo por Covid-19.

Con todo, están pendentes dunha segunda proba  PCR para confirmar os casos positivos.

comentarios