Samertolameu e Cabo triunfan na Liga de Galega de Traiñeiras

A competición para agora pola disputa do Estatal.
Cabo gañou a III Bandeira Feminina XI GP Fandicosta. (Foto: LGT).
photo_camera Cabo gañou a III Bandeira Feminina XI GP Fandicosta. (Foto: LGT).

A Liga Galega de Traiñeiras desprazouse até Vilaxoán para disputar a oitava xornada da competición. A regata, de novo, veu marcada pola ausencia do Club de Regatas Salgado Perillo por motivos de saúde. E como novidade, o club de remo Vilaxoán mudou a orientación do campo de regatas cara o Noroeste.

Con esta nova orientación, partiron as primeiras embarcacións pola orde contraria á clasificación da regata de Bueu. 

A quenda de honra comezou con dúas loitas, Bueu Teccarsa e Samerolameu Oversea na cabeza, e Mecos e Mera 10 segundos por detrás loitando pola terceira posición. Porén, a loita da cabeza rompeuse no segundo longo, e Meira viraba 11 segundos por diante de Bueu, unha diferencia que aumentaron até gañar a quenda e a bandeira cunha diferencia de 17 segundos. 

Bueu Teccarsa, pola súa banda, chegou en segunda posición, empeorando nunhas centésimas o tempo de Puebla, que certificou o seu bo momento co segundo posto da bandeira. Mecos chegou terceira cun rexistro peor que o de Cabo, e Mera fechaba cuarta caendo até a novena posición, superando só Esteirana e Muros.

Tras este resultado, Samertolameu Oversea afiánzase no liderado cunha vantaxe de cinco puntos con respecto a Bueu Teccarsa. Agora, a competición descansará unha fin de semana pola disputa do Campionato de España de Traiñeiras, e regresará o día 7 de Agosto coa VI Bandeira CCD Cesantes Concello de Redondela.

Liga Feminina

A sexta xornada da Liga Feminina deixa Cabo da Cruz como líder reforzado. As remeiras de Boiro superaron Chapela na III Bandeira Feminina XI GP Fandicosta, e amplían a dous puntos a súa vantaxe no primeiro posto da xeral. 

As defensoras do título víronse obrigadas a remontar en augas de Moaña, pois Chapela chegou á fronte da regata ao remate do primeiro dos catro longos na quenda de honra. As redondelanas viraron dous segundos por diante de Cabo, distanciándose escasamente das anfitrioas de Tirán-Pereira. 

A reacción das líderes non se fixo esperar e no ecuador da regata xa mandaban con, de novo, dous segundos de marxe. A partir de aí, o equipo de Boiro foi ampliando a súa distancia para rematar obtendo o seu cuarto triunfo desta campaña. 

Comentarios