O SAFAT sueco, campión do mundo do Raid Gallaecia

O equipo Swedish Armed Forces Adventure Team (SAFAT) foi o primeiro en cruzar a liña de meta na Coruña esta cuarta feira despois de completar os máis de 600 quilómetros da proba de aventura que comezaron o sábado en Monforte de Lemos.  O Endurance, primeiro galego e noveno mundial.
244634470_4344305785686195_8713048738370821539_n
photo_camera O equipo Endurance na súa chegada á meta na Coruña.(Enrique Blanco/ ARWC)

O Raid Gallaecia-AR World Championship (ARWC) 2021 xa ten equipo campión. A formación sueca Swedish Armed Forces Adventure Team (SAFAT) foi a primeira en cruzar a liña de meta na Coruña esta cuarta feira despois de completar os máis de 600 quilómetros da proba de aventura que comezaron o sábado en Monforte de Lemos e que remataron catro días, unha hora e 56 minutos despois. 

Fixéronse co liderado na noite da terza feira nos 65 quilómetros de trekking a través do Parque Natural das Fragas do Eume e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O último tramo levounos desde a vila de Betanzos nunha viaxe en kaiak de 10 quilómetros até Sada, punto de inicio do sétimo e último tramo, un percorrido a pé, ao longo da costa, de 25 quilómetros até O Parrote, na Coruña.

O novo campión do mundo estivo capitaneado por John Karlsson, ao que acompañaron Oskar  Svärd,  Malin Hjalmarsson e Emil  Dahlqvist. Segundo datos da organización, é a segunda vez en 17 edicións que Suecia conquista o campionato do mundo de carreiras de aventura, despois de que o Thule  Adventure Team gañase esta proba en Australia en 2011.

O primeiro equipo galego, e noveno do mundo, foi o Endurance que cruzou a meta cun tempo de 4 días, 15 horas e 50 minutos desde a saída en Monforte. Compuxérono Adrián Moreira Alonso, Maria Daniela Costa Tobar, Borja Varela Paz e J Sancosmed

Unha carreira con moita historia

A ARWC é unha competición que mestura carreiras con aventura empregando varios deportes. A nivel mundial a primeira realizouse en 1968 no Reino Unido, era a Karrimor International Mountain Marathon.

Con posterioridade foi evolucionando até a actualidade coa incorporación de equipos mixtos e varios días de competición nos que se empregan varias disciplinas deportivas. 

Na Galiza, con diferentes denominacións, realizose desde 2005 até que en 2013 pasou a chamarse Raid Gallaecia. Ao ano seguinte foi o Campionato de España da especialidade e no 2015 entrou nas AR World Series co nome de Raid Gallaecia Expedition Series Spain cunha convocatoria, daquela, cada dous anos.

Comentarios