Nieves, diploma en maratón

Saavedra, bronce, suma medalla para Galiza

Galiza sumou este domingo unha nova medalla coa participación de Juan Antonio Saavedra e o bronce que conseguiu na modalidade de  carabina tendido 50 metros.

Juan Saavedra coa súa medalla de prata (CPE)
photo_camera Juan Saavedra coa súa medalla de prata (CPE)

A participación galega nestes Xogos Paralímpicos rematou este domingo cunha nova medalla pola participación de Juan Antonio Saavedra e o bronce que conseguiu na modalidade de carabina tendido 50 metros.

O pontevedrés xa estivera a piques de conseguir metal na distancia de 10 metros e agora conseguiuno na proba que lle deu máis alegrías como a prata nos Xogos Paralímpicos de Londres.

O galego recoñeceu que sentiu “presión” cando chegou a Toquio pero que o rozar a medalla na súa primeira medalla deulle “motivación” para conquistar este domingo o bronce Saavedra: "Non pillei medalla por dúas décimas o primeiro día e iso serviume de motivación".

"En Río é que nin me metín en finais e tiña a pantasma roldando a cabeza, pero o primeiro día metinme na dos 10 metros, non pillei medalla por dúas décimas e iso serviume de motivación para hoxe", apuntou Saavedra tras a proba.

O pontevedrés lembrou que este ciclo fora "moi complicado pola incerteza da pandemia", sobre todo para un deporte como o seu, "que é moi de cabeza e hai que estar centrado".

Conta que "este último mes foi mesmo máis difícil, primeiro pola 'burbulla' de 15 días no Centro de Alto Rendemento (CAR) de Madrid e logo porque ao chegar a Tokio estivemos parados cinco días sen poder adestrar, encerrados na Vila".

“A presión psicolóxica inflúe moito. Hoxe era un día moi complicado porque había moito vento e cambiaba moito, e, en xeral, houbo puntuacións baixas. A min tocoume no medio do campo de tiro e víñame o vento de todos lados”, engadiu o galego.

Saavedra, que ten discapacidade física nunha man, foi o deportista galego que máis rápido conseguiu clasificarse en todo o Estado español ao conseguir, en setembro de 2018, a medalla de ouro na Copa do Mundo celebrada en Chateauroux (Francia).

Nieves, diploma en maratón

O galego Gustavo Nieves obtivo diploma na proba de maratón nestes Xogos Paralímpicos de Toquio.

Nieves puido ir de menos a máis para levar un diploma  paralímpico. O deportista de Lugo perdeu contacto cedo co grupo destacado, mais soubo manterse para ir superando rivais a partir da metade do percorrido e finalizar oitavo cun crono de 2:32.08.

“Estou contento, viñemos a loitar polas medallas, mais non puido ser e conseguir un diploma é unha alegría”, aseguraba ao remate da proba.

Comentarios