Roberto Canella volve sentirse futbolista pola volta aos adestramentos

Logo dunha semana desde que se reiniciaron os adestramentos do CD Lugo, o defensa declara que a primeira semana de adestramentos "foi moi ben, as sensacións son moi boas”.

Roberto-Canella,-defensa-do-Club-Deportivo-Lugo
photo_camera Roberto Canella, defensa do Club Deportivo Lugo (Foto: CD Lugo).

Roberto Canella, defensa lateral do Club Deportivo Lugo, explica que a volta aos adestramentos "fai que che sentas un pouco máis futbolista. Poder tocar o balón e correr, que en casa era algo que non podiamos facer, non tiñamos esa liberdade”.

O xogador comenta que “dous meses confinados é bastante tempo”. Con todo, o futbolista recoñece que “estamos a coller o ritmo aos poucos con traballos esixentes que nos preparan todos os días e que nos veñen moi ben a todos”.

O asturiano confesa que é moi positivo volver ver aos compañeiros, aínda que sexa con distancia. El coincide con Pita e cre que están “xa no camiño para poder competir”.

Canella agarda que “esta semana empecemos a adestrar por grupos e estamos con moitas ganas de que todo volva á normalidade e de poder competir xa”.

Comentarios