O Depor gaña o derbi mais decisivo

#onosoderbi era o derbi máis decisivo dos últimos, co Depor como pechacancelas e o Celta, penúltimo. O Deportivo gaña (3-1) e sobrevive, salva un match ball definitivo.  Primeira vitoria do combo branco azul con Fernando no banquiño. O talento de Valerón e a expulsión de Iago Aspas, as claves do encontro. O Deportivo suma 20 pontos. O Celta, 23. As matemáticas conceden opcións de salvación ás dúas equipas galegas.
o noso derbi
photo_camera o noso derbi

m. 92: Perdoa o Deportivo o 4-1, após ficaren sós perante Javi Varas Pizzi e Salamão.

m. 84: Bergantiños substitúe Valerón.

m. 79: Park retalla no taboleiro de marcas logo de boa xogada de Kroh-Dhelin. GOL

m. 78. Salomão fai o 3-0, após asistencia maxistral de Valerón. GOL

m. 76: Salomão substitúe Riki. Está claro que Fernando non convence en Nelson Oliveira. Pizzi ponse de 9.

 m. 74: Valerón acha un oco imposíbel, a bola acaba nas botas de Bruno Gama, que se escora de máis e fica sen ángulo para marcar.

m. 72: Abel Aguilar pon a proba a Javi Varas desde lonxe. Boa resposta do gardamallas celeste.

m. 71. Falta a Manuel Pablo. O Celta parece roto. O Deportivo monopoliza a bola.

m. 68: Park substitúe Mario Bermejo.

m. 64. Engancha un remate imposíbel Silvio no balcón da área celeste, após a enésima internada e centro de Bruno Gama. GOL.

m. 61: Bruno Gama muda de banda e provoca un novo córner.

m. 58: Cada vez máis protagonista Bruno Gama desde a banda dereita. Novo córner a prol dos branco azuis.

m. 55: Orellana substitúe De Lucas.

m. 54: Aythami bombea unha pelota desde campo propio, ás costas dos centrais. Riki perdoa o segundo.

m. 53: Pizzi desbalde unha boa internada de Manuel Pablo pola beira dereita.

m. 50: Demidov xógase un novo cartón amarelo.

m. 48: O Deportivo non altera o seu deseño, embora ter un home máis. Agarda ao Celta no seu campo e especula con matar o xogo nunha contra.

m. 47: Novo córner a prol do Celta.

m. 46: Comeza a segunda parte.

m. 46: Equivócase o árbitro ao sinalar un fóra de xogo a Mario Bermejo.

m. 45: O árbitro concede dous minutos de tempo engadido.

m. 43: Cartón amarelo a Aythami.

m. 41. Quita unha falta o Celta desde a banda dereita, sarillo na área coruñesa e lixeiro empurrón a Mario Bermejo, dificilmente puníbel como penalti. O Deportivo está a conceder demasiadas xogadas a balón parado.

m. 33: Nova obra mestra de Valerón que filtra unha asistencia de gol ás costas dos centrais celestes, chuta con moita intención Riki e Javi Arenas despexa ao córner.

m. 30: Na repetición televisiva da xogada dá toda a impresión de que Marchena tamén agride a Aspas, como resposta á inicial cabezada do dianteiro celeste.

m. 28. Expulsan a Iago Aspas por propinar unha cabezada a Marchena, logo dunha lea na área deportivista.

m. 27: Internada de Bruno Gama con moito perigo, primeira vez que desbordan os branco azuis pola dereita.

m. 13: Con todo, pouco a pouco o Celta vai recuperando o mando do xogo, do ponto de vista territorial. O Depor semella atoparse cómodo deixando o campo libre aos celestes e apostando nos contragolpes

m. 11: O gol deixa lixeiramente groggy o Celta. O Deportivo está a desequilibrar coas incursións de Pizzi e a criatividade de Valerón.

m.8: A tensión furouna a bota de veludo de Valerón, cunha asistencia de mestre a Riki, esas bolas que o madrileño non costuma fallar. Minuto 8 e o Deportivo ponse por diante no taboleiro de marcas. GOL

m. 5: Moito medo a fallar nos primeiros compases de xogo en Riazor. O Deportivo tenta controlar a bola. Está clara a aposta de Fernando por Juan Domínguez. No Celta non está Kronh-Delhi, porque Abel Resino procura maís presión e intensidade no centro do campo.

Comentarios