Os Riazor Blues organizan unhas xornadas sobre a muller no deporte

Dan comezo esta quinta feira cunha charla na que tomarán parte a profesora do Inef Cristina López Villar e a xornalista e deputada do BNG Olalla Rodil. O acto será ás 20 horas no local da A.D. O Chicho (Rúa Almirante Cadarso), na Coruña.

Miriam Rios
photo_camera Miriam Rios, durante un adestramento do Dépor

A primeira das charlas, con López Villar e Rodil como protagonistas, leva como título xenérico "O deporte femininos nos medios". O blues indican na súa conta twitter oficial que a profesora do Inef e a deputada "analizarán as desigualdades no deporte feminino e como contribúen os medios de comunicación a manter esa discriminación".

Xa a quinta feira 15 de marzo as xornadas porán o foco no fútbol feminino, unha modalidade deportiva claramente en alza. Será a quenda para a futbolista do Dépor Miriam Ríos.

A charla "Deportista e muller" porá o ramo ao ciclo a quinta feira 28 de marzo coa participación de Verónica Vázquez-Penas (Fillas de Breogán), Mary Xeli e ichi the killer (As Brigantias), Eliana Vera (Hockey Club Liceo) e Marisela González (Club Baloncesto Allariz).

Todos os actos terán lugar a partir das 20 horas.

Comentarios