O retorno da 'Irmandiña' feminina e “o potencial do fútbol galego”

Vilagarcía acolleu a presentación do encontro entre as seleccións absolutas de Galiza e Catalunya, que terá lugar o 22 no campo da Lomba. Entradas de balde para menores de 14 anos.

DSC01736

A 'Irmandiña' feminina enfrontarase á selección de Catalunya o 22 de decembro en Vilagarcía, “cidade berce do fútbol galego”, en palabras de Louzán, da Federación galega de Fútbol, no que é o seu retorno aos campos de xogo após de anos de obrigado parón. A selección absoluta feminina de galiza contará con xogadoras de prestixio internacional, como Vero Boquete ou Mari Paz Vilas.

A presentación serviu para dar a coñecer o cartel do encontro e o custo das entradas, que serán gratuítas para os menores de 14 anos e cun prezo único de cinco euros para o resto de asistentes. Rafael Louzán, presidente da FGF, destacou que a disputa deste encontro “completa o regreso das seleccións galegas absolutas” despois de que o combinado masculino se enfrontase a Venezuela o pasado mes de maio logo de oito anos de ausencia.

“Agardo que o público acuda ao campo de A Lomba no que será un día de festa”, dixo o presidente, que aproveitou a súa intervención para agradecer a colaboración de todos os organizadores e da selección de Cataluña, coa que a Federación subscribiu un acordo que levará Galiza a xogar en terras catalás a mediados do próximo ano.

Comentarios