Resultados dispares dos equipos galegos en balonmán e fúbol sala e o Lugo perde ante o Córdoba

Na liga Asobal gañou o Cangas máis perdeu o Academia Octavio de Vigo. E en fútbol sala, vitoria do Burela, empate do Azkar Lugo e derrota do Santiago Fursal. E segunda división de fútbol, o CD Lugo perdeu ante o Córdoba por un a cero.
Academia Octavio
photo_camera Academia Octavio

Non está a ser esta precisamente unha fin de semana de gloria para o deporte galego, agás excepcións. Á derrota dos equipos galegos na primeira división de fútbol hai que engadir a do Obradoiro en baloncesto. E noutras disciplinas, os resultados van por barrios.

Así, e no que atinxe, a balonmán, o Cangas impúxose ao Cuenca, ao que gañou por un tanto de diferenza (24 a 23) nun partido xogado a un alto ritmo. A outra cara da moeda foi o Academia Octavio. Os vigueses perderon na casa fronte o Granollers por 25 a 41.

 A respeito do fútbol sala, os tres equipos galegos colleitaro distinta fortuna: Así, o Burela impúxose ao Santa Coloma (7 a 4), o Azkar Lugo empatou perante o Ribera Navarra en Tudela; e o Santiago Fursal caía fronte ao Barcelona por 6 a 3.

Derrota do Lugo

Pola súa banda, o representante galego en segunda división, o Lugo, caeu ante o Córdoba por un gol a cero. Os lugueses acabaron o partido con 10 xogadores por expulsión de Víctor Marco. A gran actuación de Yoel impedíu que o Lugo perdese por máis goles. Os cordobeses xa enlazan catro vitorias consecutivas e non coñece a derrota en 2013.

Comentarios