O Real Madrid malla nun Celta que non apareceu

Pobre imaxe dos celestes, que recibiron unha goleada que aínda puido ser maior.

CELTA
photo_camera Imaxe: La Liga

Nin afouteza nin corazón. Seis goles como seis soles que traen os celestes de volta para Galiza do Bernabeu. Caer no campo do Real Madrid entra dentro do probábel para calquera equipa mais a malleira recibida polo Celta foi para poñerse roibo.

E iso que os celestes iniciaron o encontro con posicionamento, apostando en controlar o medio do campo para controlar o balón e tecer xogadas que lle permitiran enfilar a área madridista. Mais pouco durou e a febleza defensiva volveu ficar clara.

O Celta deu mala sensación. Unha tempada que non foi a que se agardaba mais que nesta última recta foi empeorando: Só un partido gañado dos últimos 10 desputados. Só 1 punto de 24 fóra de casa. A esperanza de entrar en prazas europeas que houbo en boa parte da tempada preséntase agora como se quilo fose unha tolería porque a realidade é que o Celta pode acabar nos últimos postos.

Ficha

Real Madrid (6): Navas, Varane, Nacho, Kroos, Benzema (Asensio, min.64), Modric, Bale (Lucas Vázquez, min.71), Marcelo, Casemiro, Achraf, Isco (Mayoral, min.64).

Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Wass, Jozabed (Radoja, min.71), Brais Méndez (Iago Aspas, min.82), Boyé (Tucu, min.46), Maxi Gómez.

Goles: Bale (1-0, min.13); Bale (2-0, min.30); Isco (3-0, min.32); Achraf (4-0, min.52); Sergi Gómez (5-0, p.p., min.74); Kroos (6-0, min.81).

Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amoestou Hugo Mallo (Celta).

Comentarios