Reaberto o 'Caso Jimmy', o seareiro do Dépor asasinado en Madrid

Unha testemuña que non declarou no seu momento por medo sinala como autor o que fora o principal sospeitoso.

Bandeira en homenaxe a Jimmy
photo_camera Bandeira en homenaxe a Jimmy

Dous anos despois, a Audiencia Provincial de Madrid reabriu o caso que investiga o asasinato do afeccionado do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero, Jimmy, porque hai unha testemuña que podería darlle a volta á investigación e sinalar os autores materiais do asasinato.

Nun auto, ao que tivo acceso EFE, a Sección Cuarta revoga a orde do 26 de xuño de 2018 emitida polo xefe do Xulgado de Instrución 20 de Madrid, Jesús de Jesús Sánchez, que fechou a investigación "ao non haber indicios de criminalidade contra ningunha persoa ", é dicir, sen culpar pola morte de Jimmy a ninguén.

A causa que reabre é a peza separada denominada "homicidio e feridas" para a investigación da morte do seareiro galeg e das feridas que sufriu o outro afeccionado ao Deportivo que foi guindado ao río Manzanares, Santiago A. Mais non afecta á peza principal da lea tumultuaria, que está á espera de sinalamento de xuízo.

O xulgado de Madrid reabre o caso e ordena o xuíz instrutor que realice un único procedemento que consideran de gran importancia, a declaración a unha muller -solicitada polas acusacións- que afirma ter escoitado un dos presuntos autores do asasinato de Jimmy gabarse diso e que figura nun informe policial.

Resulta que esta muller non quixo ir despois a testificar na comisaría por medo á súa seguridade, pero nin o xulgado a convocou nin se lle ofreceu protección para garantir a súa declaración, explica o auto.

Comentarios