Rally: Javier Pardo obtén a vitoria no ‘Tierras Altas’ de Lorca e sitúase líder do Supercampionato de España

O de Allariz mantivo unha pelexa até o final con 'Cohete' Suárez.

javier pardo rally lorca

Javier Pardo estreou o seu marcador de vitorias no Supercampionato de España de Rallies cun triunfo este sábado no Rally Tierras Altas de Lorca 2023. O galego, con esta vitoria, pasa ser líder.

Pardo colocouse na cabeza no terceiro tramo e xa non a cedeu até o final.

"É moi especial. É a miña primeira vitoria no S-CER, así que estou moi contento. Teño que agradecer ao equipo todo o traballo e tamén a todos os que me apoian, isto é para eles", comentou Javier Pardo tras baixarse do coche.

Clasificación final

1. Pardo-Pérez (Hyundai i20 N), 1h 06m 38.2s

2. Suárez-Iglesias (Skoda Fabia), a 19.8

3. Ruiloba-Vela (Citroën C3), a 1:06.4

4. Ares-Pintor (Hyundai i20), a 2:09.9

5. Villanueva-Murado (Skoda Fabia), a 2:36.4

Campeonato de España

1. Javier Pardo, 61 puntos

2. José Antonio Suárez, 56

3. Iván Ares, 55

4. Diego Ruiloba, 46

5. Jan Solans, 39

Comentarios