DERROTA POR 2-1 ANTE O ATLéTICO ASTORGA

O Racing perde o título en Astorga

O Racing  perdeu a liga na última xornada e o acceso ao play off pola ruta dos campións. Rematan segundos e xogarán contra un cuarto clasificado. O sorteo será hoxe ás 17.00 horas.

Astorga - Racing
photo_camera A Eragudina presentaba un perfecto estado. Foto: Racing de Ferrol

Os 30 partidos como líder do Racing de Ferrol nesta tempada, non foron trascendentes na consecución do título ligueiro. Os ferroláns dependían de si mesmos no último xogo e enfrontábanse a un Atlético Astorga con mínimas opcións de lograr a permanencia, na última xornada. Mais o encontro non seguiu os roteiros desexados e rematou cun 2-1 para os locais. Á derrota, sumouse a vitoria do Racing de Santander por 1-0 ante o Coruxo que, con ela, consumou a remontada que non se prevía cando chegaron a estar a 13 puntos do Racing Club de Ferrol.

Os xogadores de Miguel Ángel Tena non conseguiron callar un bo partido no que lles pasaron factura os nervios e a ansiedade que suscitaba ter en xogo sellar un ano no cal non se apearan da primeira praza. Un milleiro de seareiros ferroláns estaban presentes no campo da Eragudina, despois do gran despregue de transporte que clube e concello tiñan preparado.

A marea verde acompañou aos racinguistas. Estiveron presentes 1000 ferroláns na Eragudina

O alento da marea verde non foi suficiente para que os xogadores conseguisen vencer, pois o encontro comezou do peor xeito. O Racing insistía pero faltaba veleno nos últimos metros, Joselu internouse na área e reclamou pena máxima despois de irse ao chan, mais o que conseguiu foi un cartón amarelo que lle privara do primeiro partido da fase de ascenso. Non houbo penalti, nese caso, este sería para os maragatos, após dunha man de Garrido dentro da área que supuxo o primeiro gol local. O partido, lonxe de mellorar, na segunda metade torceuse definitivamente cun gol de David Bandera dende 25 metros. O Rácing apretou con todo, pero máis ben foi unha tentativa á desesperada. A entrada de Héber, no descanso, e Márquez e Golobart nos últimos compases non deron o pulo preciso e o partido morrería pouco a pouco facendo inservible o 2-1 de Joselu, tamén de penalti, nos últimos minutos do xogo.

O sorteo da fase de ascenso de Segunda B e Terceira División será hoxe ás 17.00 horas

Pola súa parte, o Tudelano empatou o seu encontro ante o Peña Sport. Deste xeito, os ferroláns acaban a liga regular como segundos clasificados e enfrontaranse na primeira das tres roldas da fase de ascenso a un dos cuartos clasificados dos demais grupos da categoría. O primeiro encontro será o vindeiro fin de semana e a volta disputarase o 28 ou 29 de maio na Malata. o sorteo, hoxe ás 17.00 horas, determinará se o rival será Cádiz, Toledo ou Lleida.

 

Comentarios