Son xa 18 as persoas detidas en Madrid, Toledo e Valencia polo asasinato de ‘Jimmy’

A operación decorreu esta mañá a cargo de axentes da Policía nacional. Dous dos detidos, un deles menor, están acusados do homicidio do seareiro deportivista

jimmy-crop

Axentes da Policía española detiveron na mañá desta cuarta feira a 17 persoas pola súa suposta relación ou implicación no asasinato do seareiro do Deportivo Francisco Javier Romero Taboada, ‘Jimmy’. Dous dos detidos están acusados do homicidio do coruñes, sendo ambos menores no momento dos feitos acontecidos á beira do Manzanares.

Fontes da investigación citadas por EFE indican que os arrestos tiveron lugar en Toledo, Valencia e, principalmente, en Madrid (15 detencións), no marco da 'Operación Neptuno'. A investigación segue aberta, polo que non se descartan máis detencións.

Nos dous operativos anteriores da 'Neptuno' foron detidas  un total de 82 persoas. Entre elas atopábanse as supostas catro homicidas (Ismael López Pérez, Sergio Santiago Martínez, Francisco Javier Jiménez Linares e José Luis Zarzoso).Mais o 21 de maio o xuíz, após escoitar 2 testemuñas, deixaba en liberdade os 4 presuntos asasinos.

Comentarios