Querela contra Messi por defraudar catro millóns de euros a Facenda

A Fiscalía de Barcelona acusa ao futbolista e ao seu pai de cometer tres delitos no IRPF nos exercicios 2007 a 2009


 

Messi
photo_camera Messi

A Fiscalía de Barcelona interpuxo unha querela contra o futbolista do Barça Lionel Messi e o se pai por defraudar presuntamente máis de catro millóns de euros á Axencia Tributaria entre os exercicios 2007 e 2009 e correspondentes aos seus dereitos de imaxe.

En base a esta acusación, a estratexia tecida consistiría en simular a cesión dos dereitos de imaxe a sociedades instrumentais radicadas en paraísos fiscais (Belice, por exemplo) e, de forma paralela, formalizar contratos de licencia, axencia ou prestación de servizos con outras ubicadas en xurisdicións de conveniencia, como Reino Unido ou Suíza.

Comentarios