Punto insuficiente para o Celta

Os celestes posuíron o balón mais non foi quen de concretar fronte a un Valencia que a piques estivo de marchar de Vigo cos tres puntos.

celta valencia
photo_camera Imaxe: La Liga

Un empate en Balaídos (1-1) non é un bo resultado para manter vivas as esperanzas de ir a Europa. A falla de catro xornadas para a fin do campionato o reto esvaece e 1 punto é a todas luces insuficiente. O Valencia non pasou excesivas dificultades embora que os celestes gañaron en posesión de balón. Na recta final, Sergio evitou que o empate virase en derrota para o Celta.

O Celta notou a ausencia de Iago Aspas o que non quer dicir que fixese un mal partido. Competiu sempre e por momentos semellaba que gañaba a partida ao Valencia. Mais foron estes os primeiros en marcar e mediante Santi Mina, saído da canteira celeste. Iso si, os valencianos non poideron gozar moito da vantaxe porque en cinco minutos empatou Maxi Gómez de testarazo a pase preciso de Wass.

Unzue apostou por cambios ofensivos e por una defensa de tres, consciente de que se estaba a xogar Europa. Iso xerou espazos que o Valencia soubo aproveitar para levar o perigo á meta celeste. Mais alí topou con Sergio, que desbaratou as ansias ‘chés’.

Ficha técnica:

Celta (1): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez (Tucu Hernández, min.72), Roncaglia (Fontàs, min.20), Lobotka, Wass, Jozabed, Brais Méndez, Maxi Gómez, Sisto (Emre Mor, min.81).

Valencia (1): Neto, Vezo, Garay, Paulista, Lato, Soler, Kondogbia, Andreas, Guedes (Ferrán, min.78), Santi Mina (Vietto, min.85), Rodrigo.

Goles: Santi Mina (0-1, min.58); Maxi Gómez (1-1, min.63).

Árbitro: Undiano Mallenco. Amoestou Sergi Gómez (Celta); Vezo e Garay (Valencia).

Comentarios