O Depor de Fernando procurará esta noite en Sevilla a primeira das 8 vitorias para salvar a categoría

Con 8 vitorias chega. A primeira estación da nova viaxe do Deportivo, con Fernando Vázquez ao mando, é Sevilla. Esta noite ás 21.30 horas. Non vale facer prisioneiros. E si, Juan Domínguez volta á equipa.
Fernando Vázquez
photo_camera Fernando Vázquez


En poucos días, o Deportivo tentou reforzar a ilusión na equipa da Coruña co cambio de técnico. Esta noite Fernando Vázquez terá que demostrar o dito tan coñecido do "treinador novo vitoria asegurada" malia as baixas en defensa e ter diante a un rival como é o Sevilla, difícil na súa propia casa. O calendario que lle queda ao Depor non facilitará a remontada mais Vázquez fixo os seus propios números estes días e asegurou que a súa equipa podería seguir en primeira con oito vitorias.

"É posíbel que non sexa necesaria a media estatística dos outros anos, pode que sexa algo menos, aínda que é tirarr ao chou e dependerá de moitas variabeis que poden chegar a xogar na nosa contra". O novo técnico deportivista pensa que chegar aos 40 pontos "sería un éxito" e gañar no partido desta noite podería ser unha maneira de sumar canto antes.

Por parte dos xogadores, tamén hai ilusión. Na última conferencia de imprensa falou Álex Bergantiños que eloxiou ao conxunto andaluz do Sevilla, aínda que asegurou que a súa equipa "sairá a polo triunfo no Sánchez Pizjuán". 

Comentarios