A primeira vitoria fóra de Riazor continúa a esquivar o Dépor

O Athletic remonta o gol inicial de Çolak e acaba superando o Deportivo (2-1) con tantos de Muniain e Aduriz.

athletic depor Imaxe La Liga
photo_camera Imaxe: La Liga

Non acaba o Dépor de atopar a súa primeira vitoria lonxe da casa nesta tempada. En San Mamés tivo a oportunidade de logralo mais finalmente, e case no último minuto, o Athletic deulle a volta a situación. “É difícil de asumir”, recoñecían os xogadores deportivistas despois do encontro. É a quinta vez que lle remontan un partido nesta campaña.

A primeira metade foi para o Deportivo, que soubo fiar mellor xogo que os bilbaínos. A mellora no xogo é evidente desde comezos de tempada mais os resultados continúan sen acompañar. O gol de Emre Çolak a piques de finalizar a primeira metade premiaba o traballo e compromiso deportivista sobre o céspede fronte un Athletic descolecido.

A segunda metade foi outro partido. Os leóns saíron enchufados e intensos, querendo facer honra ao seu alcume. A grada de San Mamés Berria fixo o que se agrada dela, tirar polo equipo sen pausa. O Depor foi de máis a menos e acabou pagando. Primeiro marcou Muniaín e, xa a piques de acabar o partido e nun posíbel fóra de xogo, Aduriz, que estaba de aniversario.

Ficha técnica:

Athletic  (2): Iraizoz, De Marcos, Laporte, Yeray, Balenziaga, Beñat (Susaeta, min. 68), San José, Muniain, Raúl García (Iturraspe, min. 68), Williams (Villalibre, min. 85) e Aduriz.

Deportivo (1): Tytoń, Juanfran, Albentosa, Sidnei, Fernando Navarro, Guilherme, Borges, Carles Gil, Emre Çolak (Fayçal Fajr, min. 87), Kakuta (Ola John, min. 67) e Andone (Joselu, min. 74).

Goles: 0-1 Emre Çolak (min. 42); 1-1 Muniain (min. 71); 2-1 Aduriz (min. 89).

Árbitro: Melero López (c. andaluz). Cartón amarelo a Fernando Navarro (min. 58), San José (min. 62) e Joselu (min. 88).

Comentarios