Previa: Partidos vitais contra rivais directos para Celta e Lugo

Os celestes esperan prolongar a boa xeira de sensacións e resultados das últimas xornadas cunha vitoria ante un conxunto pepinero que chega a Balaídos sen a súa máxima estrela, Martin Braithwaite, que acaba de fichar polo Barcelona. Pola súa banda, o Club Deportivo Lugo recibe mañá ás 12 horas o Real Oviedo, co que está empatado a puntos.

EUROPA~1
photo_camera Iago Aspas é o xogador máis diferencial deste Celta (Foto: Europa Press).

O Real Club Celta (17º clasificado da Primeira División con 21 puntos) abre a xornada para os equipos galegos nun duelo a vida ou morte ante un rival directo na loita pola salvación, o Leganés (19º clasificado con 19 puntos).

Os celestes esperan prolongar a boa xeira de sensacións e resultados das últimas xornadas cunha vitoria ante un conxunto pepinero que chega a Balaídos sen a súa máxima estrela, Martin Braithwaite, que acaba de fichar polo Barcelona.

Os albivermellos queren saír do descenso

Pola súa banda, o Club Deportivo Lugo recibe mañá ás 12 horas o Real Oviedo. O conxunto asturiano está empatado a 28 puntos cos galegos, e unha vitoria albivermella podería sacar os de Curro Torres dos postos de descenso por primeira vez en case dez xornadas.

Comentarios