Unha prata e tres bronces para Galiza no Campionato estatal de traiñeiriñas

As tripulacións vascas impuxéronse en todas as categorías.

O campionato decorreu en augas de Castrourdiales

Non vai ficar esta 72 edición do Campionato de España de traiñeiriñas como a mellor para as tripulacións galegas, que volveron de Castro Urdiales (Cantabria) sen ningún ouro. Unha prata e tres bronces é o palmarés galego na proba que tivo lugar esta fin de semana e onde as embarcacións vascas coparon todos os ouros: impuxéronse nas tres categorías. Iso si, as catro medallas conquistadas polas traiñeiriñas galegas mostran o nivel e competitividade do remo en banco fixo no noso país. O único que fixo fronte ás tripulacións de Bizkaia e Gipuzkoa.

En Absoluto Feminino o triunfo foi para Koxtape (San Juan). Na tanda final competiron cinco embarcacións, catro galegas e unha vasca. As ‘giputxis’ impuxéronse cun tempo de 15:45:20, sendo o segundo posto para Ribeira e o bronce para as remeiras de Coruxo. Cuarta e quinta praza foron para Cabo e A Pobra respectivamente.

No Absoluto masculino Ziérbana ergueuse co ouro, conquistando así o Campionato español de traiñeiriñas e sumándoo ao de bateis que conquistara recentemente. Unha vitoria máis doce para os ‘galipos’ ao se impor aos rivais de Bermeo, que foron segundos. O terceiro posto foi para Cabo de Cruz, que se fixo co bronce. Orio (cuartos) e Meira (quintos) completaron a tanda final. No Xuvenil Masculino foron os de Bermeo os que se fixeron coa vitoria o se impoñer a Getaria. Samertolameu de Meira fíxose co bronce en desputa directa cos de Zarautz, que acabaron cuartos. Tirán finalizaron quintos.

Comentarios