Poucas sorpresas e fracaso español na primeira fase do mundial de fútbol feminino

Eis a crónica da primeira fase do mundial de fútbol feminino coa asinatura da ex seleccionadora nacional galega, Pili Neira.

Getty Images _ FIFA
photo_camera Boquete, indo cara aos vestiarios. Foto: Getty Images_FIFA

Dous goles en tres partidos, e os erros puntuais na defensa, condenaron o equipo capitaneado pola nosa embaixadora do futbol feminino da UEFA, Vero Boquete, (que tivo que dobrarse e facer axudas en área propia, nos ataques estáticos dos rivais, entendo humillante para o fútbol ver correr a Vero, sen sentido, indo a cada presión, oportuna e inoportunamente), a despedirse do seu primeiro mundial tras non superar a fase de grupos, cun balanzo moi pobre, 1 empate e dúas derrotas. Lonxe quedou o obxectivo das Olimpiadas, terían que clasificarse entre as 3 primeiras europeas, e lamentablemente foron a primeiras e únicas, pero en abandonar Canadá.

Soamente Xapon e Brasil aseguraron a súa presenza entre as 16 mellores seleccións á conclusión da segunda xornada, o resto tivo que esperar a finalizar a fase inicial. Cumpríronse case todos os pronósticos, salvo as sorpresas de Camerún -que acada os octavos tras endosarlle un 6-0 á fraca Ecuador, cun hat-trick de Enganamouit, e cun espectacular segundo tempo contra Suiza, virando o partido (1-2)- e a de Mexico, que ficou eliminada.

Octavos de final

Selaron o seu pasaporte para octavos as seguintes equipas

Noruega- Inglaterra
Colombia- Estados Unidos
Brasil-Australia
Francia-Corea del Sur
Camerún-China
Canada- Suiza
Xapón- Holanda
Alemaña-Suecia

Cumpre salientar nesta primeira fase que Alemaña -cunha equipa moi sólida, onde a gardarredes Nadine Angerer, a defensa Saskia Bartusak, e as dianteiras Mittag e Sásic, están complementándose moi ben coas novas como Sara Dabritz-  é unha das grandes aspirantes ao título.

Xapon, que defende o título, gañou todo pola mínima, pero ollo, que o adestrador, Norio Sasaki, fixo moitas probas, dando minutos ás 23 xogadoras. Só a mediocentro Miyama e a atacante Ogimi son intocables, con 270 minutos. É a única selecion na que participaron todas as xogadoras.

Estados Unidos está en fase de transición, malia gañar a pasada Algave Cup, vemos que Wambach está ante o seu último mundial e sorprende ver no banquillo a Morgan. Noruega, sub-campioa de Europa hai dous anos, continúa na súa liña de solidez, e é favorita para pasar a cuartos. O peso do equipo xira en torno á dianteira do Olympique Lyon Ada Hergerberg.

Suecia, a piques de ficar eliminada

Suecia estivo a piques de ser a gran sorpresa negativa, debendo esperar ao remate do grupo de Brasil, Corea, Costa Rica e España, para saber se entraba como mellor terceira.

China, que só caeu no partido inaugural contra Canadá, por un penalti absurdo de Zhao Rong no último minuto, cunha equipa que aporta mais xogo que resultados, ten un cruce de octavos a priori accesible ante Camerún, que conseguiu por primeira vez na súa historia un triunfo ante unha selección europea, 1-2 ante Suiza

E para finalizar o resumo desta primeira fase, quixera destacar:

-O gol mais rápido deste mundial foi a cargo da francesa, Delie, que de cabeza aos 34 segundos, e a pase de Thomis, inagurou a goleada ante México: 5-0

-É a primeira fase, co segundo maior número porcentual de penaltis, 13 en 36 (0,36) só por detrás da do 2007 no que houbo 9 en 24 (0,37)

-É o mundial con máis goles feitos en propia porta. Xa van catro

Comentarios