Fútbol gaélico 2019

Unha potente New York trunca a carreira da selección galega feminina para ser finalista no Mundial

A selección galega feminina perdeu (7-23) contra as vixentes campioas mais vén para a casa coa medalla de bronce. A masculina caeu en cuartos ante Francia, unha das favoritas ao título.

seleccion galega futbol gaelico

A selección feminina de fútbol gaélico perdeu (7-23) ante New York e non estará na final do Mundial de Irlanda de Fútbol Gaélico 2019. Unha mágoa en vista da progresión das 'Irmandiñas' nestes anos e que volveron ratificar na fase de inicio desta competición onde participaban 85 equipas.

As rapazas de Nova York foron por diante desde o primeiro minuto e nunca deron opción. Mais a selección galega non baixou os brazos e pelexou ata o último momento, apoiada por unha grada que animou as irmadiñas. Finalizado partido, os berros de 'Galiza, Galiza' intentaban animar as xogadoras. A selección galega, de todos xeitos, volva a casa cun máis que meritorio terceiro posto.

Os rapaces da selección galega caeron na maá desta quinta feira en oitavos de final fronte a unha das grandes favoritas, Francia, mais disputaron un moi bo partido que obrigou a forzar a prórroga e na que os galos tiveron que empregarse a fondo.


 

Comentarios