Pontevedra acolle un Galiza-España de Rugby

O Mareantes RCP celebra o seu 25º aniversario, o 17 de marzo, cun partido entre a selección galega absoluta e a de España Sub 19. O choque entre a selección nacional e a estatal será posíbel grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.
Amigábel Galiza-España de rugby
photo_camera Amigábel Galiza-España de rugby


O rugby galego medirase contra España no amigábel que organiza para o vindeiro 17 de marzo o Mareantes RCP. O partido fai parte dos actos do 25º aniversario do clube pontevedrés e contará coa nosa selección absoluta e a de España Sub-19.

O encontro poderá disputarse grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, que brinda as súas instalacións do Centro Príncipe Felipe, tanto para o partido como para que España poida concentrarse neste partido internacional. O día anterior, o 16 de marzo, xogarán os veteranos do Mareantes e o Arrasate.

Comentarios