A Policía xustifica nas normas da Liga e a alerta anti-terrorista os estritos controis a siareiros en Balaídos

O malestar na afección vai en aumento nas últimas semanas perante o que consideran que son escesos.

Balaidos antes da pandemia (Nós Diario).

O día do derbi Celta-Dépor en Balaídos a seguridade do estadio celtista requisou unha manta a unha nai, manta coa que quería tapar da viruxe a súa filla de 7 anos, socia do equipo celeste. O motivo que se argumentou desde a Seguridade foi que a manta levaba estampadas caveiras. Eran as caveiras símbolo das 'Montser High', serie de debuxos animados que causa furor nas crianzas.

Foi esta unha pinga máis a caer no mar de cabreo que hai na afección do Celta perante o que consideran que son uns controis e actitudes excesivas en Balaídos para coa afección local. Expulsión de abonados por levar unha bufanda de Celtarras, requisas de material, sancións... Un malestar que ducias de peñas celtistas deixaron claro hai unhas semanas nun manifesto.

O club tentou calmar os ánimos e convocou unha xuntanza con Policía e peñas para tratar esta cuestión, mais a reunión foi aprazada. Segundo sinalan medios como 'Atlántico Diario', fontes das forzas de seguridade indican que cando se produza a cita explicarán que os controis están influídos por dous factores. Un, as medidas impulsadas pola LFP baixo o mando de Javier Tebas, e outra, a alerta anti-terrorista.


 

Comentarios