Fútbol sala

O Pescados Rubén Burela FS conquista a Supercopa

Impúxose 2-6 ao Futsi Atlético Navalcarnero na final disputada en Madrid e as galegas volveron así  gañar, catro anos despois, este título.

celebracion_supercopa_2019_burerla futbol sala

A Supercopa volve tinxirse de laranxa catro anos despois. O Pescados Rubén Burela FS conquistou en Las Rozas este título ao se impor ao Futsi Atlético Navalcarnero por 2 goles a 6 nun encontro no que brillou a brasileira Jane, con tres dianas, que foi recoñecida como a mellor xogadora da final. O mellos dos estrenos posíbeis para a súa etapa coa equipa da Mariña.

A última incorporación burelista inaugurou o marcador no minuto 7 após un erro de saída rival. Un gol que chegou despois de que a porteira do Burela FS, Ana Romero, freara as primeiras intencións claras das madrileñas. Iniciábase aí un partido dominado polo Pescados Rubén e que lle valeu a súa segunda Supercopa.

Ficha técnica

Futsi Atlético Navalcarnero: Belén de Uña, Ari, Leti, Ju Delgado, Ame Romero, cinco inicial; tamén xogaron María Sanz, Anita Luján, Gaby, Marta Balbuena

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Peque, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Jane, Ale de Paz, Lara Balseiro, Luci, Bea Mateos, Jozi, Cris Lourés

Goles: 0-1, minuto 7, Jane; 0-2, minuto 14, Jane; 0-3, minuto 25, Jane; 1-3, minuto 32, Ame Romero; 1-4, minuto 33, Jenny Lores; 1-5, minuto 37, Jozi; 2-5, minuto 37, Anita Luján; 2-6, minuto 37, Ale de Paz

Árbitros: Delgado Sastre // Rabadán Sainz (Comunidade Valenciana). Por Futsi, cartón amarelo a Ame Romero (minuto 26), Leti (minuto 39). Por Burela, para Jenny (minuto 5).

 

Comentarios