A pesca submarina galega vai por medallas ao Campionato de España

Numerosas baixas no no torneo dan opción á delegación galega para conseguir medallas nesta edición.
Sandra Osorio nunha competición (Foto: Fegas).
photo_camera Sandra Osorio nunha competición (Foto: Fegas).

O Campionato de España individual de pesca submarina en categorías feminina e masculina, que chega esta ano á súa 65º edición, terá lugar ta vez en Cadiz e contará cunha importante representación galega.

Con epicentro no Centro Naútico deportivo do Cano, do 22 ao 24 de xullo dúas galegas e catro galegos tentarán voltar con medalla deste evento deportivo. 

Desde a Federación Galega de Actividades Subacuáticas (Fegas) indican a través dun comunicado que se desprazarán até Andalucía dúas pescadoras do club Perez-sub. Serán Sandra Osorio, que conseguiu a medalla de prata no campionato Galego e participará no seu segundo estatal consecutivo, e Isabel Arroio, que este ano parte como campioa galega e disputará o seu primeiro estatal.

Diante as baixas confirmadas de varias deportistas por temas laborais, como as catalás Sandra Prat (subcampioa do mundo) e Ainhoa Abellán (Bronce no campionato do mundo), ábrese unha xanela maior para a consecución dun lugar galego no podio. 

Participación masculina

En canto aos homes, participará o actual campión galego, Jacobo García do club Sotavento.

Este pescador, ademais, está seleccionado para viaxar ao Europeo de Finlandia. Tamén irá o seu compañeiro de club, Elías Villar, que tentará romper a súa mala sorte nos estatais e, por esta vez, subir ao podio. Por último estarán en Cádiz, Adrían do Rio, o ferrolán do club Remo San Felipe que chega forte, e Ricardo González.

Este último é un veterano pescador galego cun tema pendente co campionato estatal que podería saldar agora en Cádiz polo seu bo estado de forma e, segundo a Federación, "obter un bo resultado en augas que ademais non se lle dan nada mal". 

Comentarios