Peluquería Mixta Friol e o Residencia gañan a Copa Deputación de Fútbol

A competición, organizada pola Federación Galega de Fútbol, celebrou a XXIX edición en categoría masculina e a IV Copa feminina na vila de Monforte de Lemos.
SCDResidencia
photo_camera SCDResidencia

O Residencia conseguiu gañar a edición deste ano da Copa Deputación de Lugo tras derrotar á S.D. Chantada por 2 goles a 1 nun apaixonante encontro que foi seguido por case un milleiro de siareir@s que se desprazaron até Monforte de Lemos para presenciar o partido. Esta segunda final, entre o S.D. Chantada e o Residencia, xogouse entre as equipas clasificadas tras unha fase previa na que participaron un total de 22 clubes procedentes das categorías Preferente e Primeira Autonómica. O campo da Pinguela tamén acolleu a final da IV Copa Feminina, que este ano contou coa participación de catro equipas, un máis que na pasada edición. A final disputárona o Milagrosa e o Peluquería Mixta Friol, que resultou gañadora, por 4 goles a 0.

Nesta edición participaron un total de 88 clubes de fútbol

Nesta competición, organizada pola Federación Galega de Fútbol e patrocinada pola área de Deporte da Deputación de Lugo, participaron un total de 88 clubes de fútbol das categorías 1ª, 2ª, 3ª autonómica e Preferente autonómica que representan, aproximadamente, o 95 por cento das equipas da provincia.

Comentarios