martes 07/12/21

Doce meses sen competir e sen estar no seu mellor momento de forma física e aínda así Ana Peleteiro conseguiu traer a prata do triple salto do campionato de Europa que tivo lugar esta fin de semana en Torun, Polonia.

A triplista galega chegaba a Torun coa terceira mellor marca das participantes, 14,21 metros, lonxe das prestacións da grega Paraskevi Papachristou, que o 17 de febreiro pasado, nesta mesma pista, executara o mellor salto mundial do ano conseguindo chegar aos 14,60 metros.

Peleteiro defendía o título conseguido en 2019 en Glasgow cando bateu na final europea o récord do Estado español cun triple salto de 14,73 metros. Desta vez foi no último intento tras comezar con 13,98 e facer dous nulos.

Por diante tiña á líder absoluta, a portuguesa Patricia Mamona, que saltara na súa terceira tentativa, 14,53 metros.

En segundo lugar, tamén por diante, estaba a alemá Neele Eckhardt 14,52 metros, empatada coa terceira mais cun mellor segundo.

A de Ribeira realizou un cuarto salto de 14,34 metros, que lle permitiu situarse cuarta durante uns minutos, e un quinto de 14,19. Mais co podio aparentemente decidido Peleteiro encarou o foso por última vez para conseguir 14,52 metros, o que supoñía prata

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Este é o cuarto mellor salto en competición da súa carreira, tras os 14,73 de Glasgow (2019), 14,59 de París (2019) e os 14.55 de Xetafe (2018).

Peleteiro, prata en Torun
comentarios