Para o atletismo galego

A Federación Galega de Atletismo anuncia a suspensión cautelar de todos os campionatos e competicións previstas na Galiza no ano 2020 até novo aviso.

Atletismo Feminino
photo_camera Canceladas todas as competicións atléticas na Galiza (Foto: Nós Diario).

A Federación Galega de Atletismo anuncia a suspensión cautelar de todos os campionatos e competicións previstas na Galiza no ano 2020 até novo aviso.

A decisión foi tomada durante a xuntanza telemática mantida por parte da Xunta Directiva e a Comisión  Delegada da Asemblea  Xeral ante  a  evolución  que  están tendo  os efectos dos contaxios polo coronavirus

Por outra banda, a Federación anuncia que desenvolverá, con carácter semanal, unha reunión para valorar as últimas información sobre a pandemia e, en función das novidades, tomarán a decisión sobre a posíbel reubicación no calendario galego das competicións aprazadas ou sobre a súa cancelación. 

Comentarios