Óscar García deixa de ser adestrador do Celta

A dirección do club comunicoullo a primeira hora desta mañá.

EuropaPress_2629125_oscar_garcia_junyent_head_coach_of_rc_celta_vigo_in_action_during_the_liga
photo_camera Óscar García (Foto: Europa Press)

O Celta volve mudar de adestrador, todo un costume desde a despedida de Toto Berizzo do banco celeste. O club comunicou esta mañá a Óscar García que non seguirá a adestrar o Celta e comunicoullo cando o catalán se dirixía adestrar.

Entre os nomes que están a soar con forza para coller o relevo de García está a de Marcelino, que xa tería desde hai uns días unha oferta do club galego sobre a mesa. Marcelino adestrou nestes anos equipas como Sevilla, Villareal e Valencia.

Mais tamén soan outros nomes, como Eduardo “Chacho” Coudet, que adestrou conxuntos arxentinos e brasileiros. 

García levaba desde hai semanas na corda bamba polos resultados obtidos nesta tempada. Se ben contaba co apoio de xogadores do peso de Iago Aspas e unha parte da directiva, impúxose finalmente o sector que apostaba por finiquitalo. A súa aposta clara pola canteira (nesta tempada: Carreira, Veiga e Miguel Rodríguez) é un dos sinais de identidade que quixo recuperar para o club celeste. 

Xa son tres as tempadas consecutivas nas que o Celta destitúe o adestrador.

O Celta é a equipa que marca agora a permanencia en Primeira División con 7 puntos. Gañaron un partido, perderon 4 e empataron outros 4

 

Comentarios