Once galega@s en Londres 2012

Esta sexta inaugúranse a XXX edición dos Xogos Olímpicos, afincados nesta ocasión na capital inglesa. Galiza, contará con once deportistas que representarán ao deporte galego inda que non poidan competir coa nosa selección nacional. Oito mulleres e tres homes compoñen a equipa galega en Londres.
photo_camera Londres acolle a XXX edición dos Xogos Olímpicos

Galiza contará con once deportistas nos Xogos Olímpicos, entre el@s, Javier Gómez Noya. O triatleta loitará pola medalla de ouro fronte aos seus máximos rivais, os irmáns Brownlee, que parten coa vantaxe de competir na casa. Gómez Noya, que ficou cuarto nos Xogos de Beijing en 2008, é campión de Europa e do mundo de triatlón, o último dos seus trunfos no campionato europeo en Eilat.

Alessandra Aguilar e Vanessa Veiga competirán na maratón, Sofía Toro e Tamara Echengoyen en vela. Doutra banda, Teresa Portela e David Cal farano en pragüismo, este último, tentará mellorar as dúas pratas conseguidas nos Xogos de Beijin. En balonmán, Begoña Fernández debutará nos seus primeiros xogos, ao igual que Bea Gómez, quen chega a deporte de elite con tan só dezasete anos. Iria Grandal, será a primeira en competir esta sexta, como arqueira. A ferrolá conseguiu entrar nos Xogos no Campionato de Europa de Ámsterdam. Remata a listaxe de galeg@s en Londres Diego Mariño que finalmente foi convocado para competir coa selección olímpica de fútbol.

Os Xogos de Londres inaugúranse esta sexta e serán clausurados o vindeiro 12 de agosto. Podes consultar o calendario das competicións na seguinte ligazón.

Comentarios