BALONCESTO

O Obradoiro certifica a súa permanencia na máxima categoría

O partido que disputou o Obradoiro ante o MoraBanc Andorra, que rematou con vitoria dos santiagueses por 74-84, selou a permanencia un ano máis na ACB.

[Imaxe: Obradoiro]
photo_camera [Imaxe: Obradoiro]

O Obradoiro deixou claro o seu dominio nos primeiros minutos do encontro. De feito, en seis minutos, os composteláns conseguiran un parcial de 3 a 15. A presión e posesión do balón foron a tónica do encontro ante un conxunto local que se achegou ao Obra no segundo cuarto, con 20-26. Foi aí cando os galegos, grazas a unha canastra de Maric, volveron conseguir 12 puntos de diferenza (20-32).

Os composteláns defenderon con intensidade e após o descanso aumentaron o seu dominio ante un Andorra irregular. Os galegos non sufriron para fecharen o partido ao seu favor, co 74-84 final. O derradeiro partido da temporada, ante Unicaja (domingo ás 12.30h) servirá para festexar a permanencia do Obra no Sar.

 Andorra (24-18-17-25): Schreiner (0), Stojanovski (7), Betinho (13), Bogdanovic (21), Shermadini (6) -cinco inicial- Navarro (4), Clark (7), Holt (3), Jones (13), Pino (0).

Obradoiro (14-15-22-23): McGrath (9), Vasileiadis (7), Bendzius (23), Caloiaro (13), Maric (10) -cinco inicial- Haws (4), Triguero (9), Brown (4), Kolesnikov (0), Yusta (0), Pozas (5).

Árbitros: Hierrezuelo, Bultó e Martínez Díez. Eliminados: Maric -Obradoiro-

Comentarios