O Obradoiro cae na casa ante o Real Madrid

Os da capital perden por 71-87 nun choque no que deron a cara.
ExLkJ1OVoAUOJ5y
photo_camera O Obra deu a cara e exhibiu sinais para afrontar o tramo final da tempada con optimismo (Foto: Real Madrid).

Nova derrota do Monbus Obradoiro, a sexta consecutiva, o que afonda na crise dun equipo que suma tan só un triunfo nos últimos dez partidos.

Nesta ocasión caeu no Sar ante o líder da ACB e un dos mellores equipos da categoría, o Real Madrid de Laso, Taylor, Tavares e compañía por unha puntuación de 71 a 87.

Con todo, e como acontecera no partido da pasada fin de semana ante Unicaja, o Obra deu a cara. 

O equipo compostelán exhibiu sinais para afrontar o tramo final da tempada con optimismo.

No entanto, este novo tropezo signifique continuar na zona baixa da táboa.

O fundamental, agora, é conseguir a definitiva recuperación física dun equipo que continúa acusando sobre a pista os efectos da parada dun mes a causa dun gromo de coronavirus.

Comentarios