O xenro de Ortega gasta 12 millóns de euros en mercar un cabalo, mentres Negreira continúa a financiar Casas Novas

Sergio Álvarez, xenro de Amancio Ortega, gastou 12 millóns de euros na adquisición dun cabalo. Lucirao a bon seguro no concurso hípico Casas Novas, promovido polo magnate, e co que o concello da Coruña mantén un convenio por valor de máis de 100.000 euros.
Sergio Álvarez no concurso hípico Casas Novas
photo_camera Sergio Álvarez no concurso hípico Casas Novas

12 millóns de euros (2.000 millóns de pesetas) é o investimento que fixo o flamante xenro de Amancio Ortega. O xinete asturiano -que mora en Barcelona coa súa parella, filla do magnate de Inditex- fíxose a troca desa cantidade con Carlo, un equino de competición especializado en salto, un dos máis caros do mundo.

Son cifras que xa apenas se moven nen tan sequer no mundo do futebol.

Sergio Álvarez é un dos fixos do concurso hípico Casas Novas, co que o concello da Coruña mantén un convenio de colaboración que lle custa ás e aos contribuíntes coruñeses máis de 100.000 euros.

Comentarios