O seleccionador español afirma que Aspas malogrou a temporada e causou un “gran dano” o Celta

Del Bosque recoñece que estaban a seguir a evolución do xogador de Moaña para chamalo á selección española. Unha opción que semella desbotada após o derbi co Deportivo

Iago Aspas

Vicente del Bosque estivo uns días en Ribeira, na Barbanza, para asistir a unha celebración deportiva. Alí mantivo un pequeno encontro cos xornalistas no que falou de diversas cuestións deportivas, como Iago Aspas, un xogador que Del Bosque recoñece que viñan seguindo con interese para chamar á selección española.

Del Bosque indicou que “tiñamos bos informes del”, mais que a acción da cabezada a Marchena no derbi Celta-Depor botou por terra esas posibilidades. É máis, o marqués Del Bosque non tivo intención de quedar como un marqués e afirmou que Aspas malograra a tempada e mesmo que “causara un gran dano” ao Celta.


 

Comentarios