O Obradoiro cae en Murcia e encadea a súa cuarta derrota consecutiva

O equipo galego caeu por seis puntos (83-77) perante o Murcia e xa suma catro derrotas consecutivas
Obradoiro

Era un partido importante para o Obradoiro. Así o entendían adestrador do clube compostelán de baloncesto e xogadores, conxurados esta semana a poñer fin á mala racha de tres partidos consecutivos perdendo. Mais non puido ser e o Obradoiro caeu ante o Murcia por 77 a 83. Para máis inri, un rival directo. E o calendario que aos composteláns lles queda por diante non é doado. Para comezar, reciben ao Caja Laboral.

Os pimentoneros xa venceran 69-73 na súa visita ao Multiusos do Sar. E os galegos non foron quen de devolverlle a visita en Murcia, e perderon malia un bo inicio do encontro, no que mesmo foro por diante en varias ocasións.

Comentarios