O Obra cántalle o 'miudiño' ao Estudiantes

A equipa compostelá devólvelle a derrota aos madrileños. O homes de Moncho Fernández gañaron por 82-71 un partido que comezaron cunha media espectacular.  

Obradoiro contra Estudiantes

O Obradoiro quería a vinganza do partido de ida en Madrid e así foi. A equipa compostelá non dar respiro ao Estudiantes desde o primeiro minuto cun parcial case de escándalo: 10-0. Os homes de Moncho Fernández conseguiron deixar en evidencia a fráxil estrutura do rival cando se lle busca por toda a cancha. Deste xeito o marcador do primeiro cuarto rematou cun claro 26-8 para os galegos.

No segundo cuarto o Estudiantes confiou nas rotacións para frear ao Obradoiro e a táctica funcionoulle. Ao remate o marcador do Fontes do Sar sinalaba 47-31 a favor dos galegos.

Foi no terceiro cuarto cando se lle complicou o encontro ao Obradoiro e @s máis de 5.000 seareir@s que animaban á equipa viron como o Estudiantes remontaba. Os madrileños atoparon o seu lugar na cancha e aproveitaban as súas oportunidades. O penúltimo acto rematou cun perigoso 57-54 aínda con vantaxe para os de casa.

Moncho Fernández, nervioso e enfadado, administrou ben a diferenza no marcador e os seus homes entenderon a importancia de acadar a vitoria. Entrou en xogo o checo Pumprla con seis puntos seguidos que desfixeron a tensión no Obra. O Estudantes respondeu da man de Kuric e a equipa compostelá recuncou con Hummel para tranquilizar á parroquia do "MiudiñoConnection". Aí rematou o encontro cun marcador favorábel ao Obradoiro de 82-71.

Foto: Páxina web do Obradoiro.

Comentarios