O Lugo cae na casa perante o Alcorcón e terá que esperar para celebrar a permanencia

O Alcorcón aproveitou as poucas ocasións que tivo e o Lugo non reaccionou até a segunda parte sen estar afortunado

O CD Lugo fixou en 50 puntos os que precisa para garantir que se mantén en Segunda decisión. Unha cifra que aloumiña coa punta dos dedos mais que aínda non atinxiu. O empate co líder e a derrota este sábado co segunda da táboa (Alcorcón) por un gol a cero obríganlle a esperar. A vindeira cita, o 20 deste mes, contra o Girona, outro dos que habita na parte alta da táboa.

Mais en Lugo non cunde a intranquilidade após a gran tempada do equipo de Quique Setién. A permanencia está case que garantida.

Perdeuse con Alcorcón máis por erros propios que por méritos do rival. Na primeira parte, o Lugo non tirou a porta nin unha soa vez. E cando reaccionou, na segunda, non estivo atinado. O gol de Nagore no minuto 40 sentenciou aos lucenses.

Comentarios