O Lugo aproveita os erros do Murcia para sumar

A equipa de Quique Setién acadou unha importante vitoria na Nueva Condomina por 0-1. Con este resultado mantén intacta a posibilidade de permanencia.
CD Lugo

Hai erros que marcan un partido. O Murcia tivo un destes no minuto 22 que o Lugo soubo aproveitar para acadar os tres pontos en xigo. Malia que a equipa local puxo todo a paixón no terreo de xogo, un balón ao pau de Óscar Sánchez quedou no susto, os xogadores de Quique Setién mantiveron a tranquilidade nos noventa minutos. A segunda metade rematou co mesmo resultado, vantaxe mínima que sabe a grande vitoria cando se procuran pontos en campo contrario.

A falta de doce xornadas o CD Lugo está no posto 13º da clasifiacción provisional con 40 pontos. Ten por diante dous partidos en casa co Racing e o Xerez, equipas peor clasificadas e tamén necesitadas de vitorias.

Comentarios