Sitúan a Iago Aspas no Liverpool cando o Celta está a se xogar a permanencia

Segundo algúns medios, o de Moaña xogará finalmente na Premier League da man do Liverpool, un dos grandes . Segundo a cadea Ser, Iago Aspas fichou polos reds, operación pola que o Celta recibirá 9 millóns de euros. O xogador cobrará 1,6 millóns ao ano

Era o ruxe ruxe destas últimas semana: o interese do Liverpool FC por Iago Aspas. E, segundo a SER Valencia, iso xa é unha realidade.  O histórico club inglés tería fichado xa ao de Moaña. Unha operación pola que o xogador percibiría 1,6 millóns de euros ao ano. O Celta levará nove millóns por se desprender de Aspas.

O equipo Red, así pois, apostaría polo dianteiro do Celta para esta temporada que arranca na Premier. Nos últimos meses, a Aspas xa se lle situou na liga inglesa, aínda que daquela os ruxes ruxes apuntaban ao Swensea City.

Aspas, ao longo de todos estes días, optou polo silencio a respeito das informacións sobre a súa ficaxe. Limitouse a sinalar que quería deixar o Celta en Primeira, que ese era o seu obxectivo.

Comentarios