O Liceo vence 8-2 o Sant Feliu e soña coa liga após 20 anos sen gañala

A Liga OK de hoquei patíns podería volver para Galiza após 20 anos de seca. A vitoria do Liceo da Coruña sobre o Sant Feliu e a derrota do Barça poñen os coruñeses nunha situación óptima para atinxir o título
Liceo
photo_camera Liceo

A Coruña podería este ano voltar a gozar dunha liga de hockey a patíns. O Liceo vai camiño de gañar este título, que desde 1993 se lles escapa aos herculinos. Nesta fin de semana, todo se puxo de fronte aos coruñeses para ir avanzando no obxectivo de traer a Liga OK para Galiza. O Liceo derrotou este sábado por 8 a ao Sant Feliu. Mentres, o Barça caída derrotado de xeito inesperado. E xa van dous partidos consecutivos dos cataláns perdendo.

Agora, o Liceo ten 8 puntos máis que o Barça. Aínda fica liga por diante, mais na Coruña confían na potencia dun Liceo que semella non estar disposto a deixar pasar por diante a posibilidade de volver enarborar o título de campións da Liga OK. Cómpre lembrar que a equipa galega, fundada en 1972, fíxose o ano pasado co Campionato de Europa.

Comentarios