O Barça gañou ao Voltregá e empata a puntos co Liceo de Hockey que, porén, ten un partido menos. E ese partido vaino disputar o domingo, no Palacio de Deportes de Riazor, contra o Igualada (12:30 horas. TVG2)
O Liceo non quere sucumbir á presión culé. Sabe que depende del propio. De gañar hoxe, sería campión de Liga, título que non conquista desde hai dúas décadas (temporada 1992/93). SE empata, tería que vencer si ou si no derradeiro partido desta temporada, que xogará en Lleida.
Os coruñeses teñen na súa man o ser campións de liga e sumar así unha máis ás seis que posúen. A primeira delas, lograda en 1982/83. E a última, que non derradeira, dez anos despois, en 1992/93.