O Liceo cede un empate na súa cancha con Igualada, mais continúa a depender de si propio para ser campión

O Liceo cede un empate a 3 goles face un moi intenso Igualada e após desbaldir até tres faltas directas. O combo coruñés acusou a presión. Con todo, unha vitoria na cancha do Lleida o vindeiro sábado daría á equipa galega a súa primeira liga nas dúas últimas décadas.

Liceo
photo_camera Liceo

O acoso do Barcelona (que bateu comodamente no Palau ao Voltregá, 7-1) está a pasar factura psicolóxica á escadra de Carlos Gil e nomeadamente a algúns dos seus xogadores chave. Esta mañá, sen irmos máis lonxe, Jordi Bargalló, considerado o mellor xogador do planeta, non estivo á altura precisa e a equipa resentiuse.

O Liceo xogou tendo moi presente o 7-1 do Palau e o feito de que, a igualdade final de pontos, o Barcelona sería campión, dado que ten ao seu favor o goal average.

Con todo, o Liceo, ao empatar, mantén a última bala no seu poder. Continúa a depender de si propio

Alén do máis, confrontou a oposición dunha moi boa equipa, un Igualada que estivo intensísimo e que criou moitos problemas ao combo galego. Tampouco tivo o seu día o gardamallas local, que papou dous lanzamentos moi lonxanos que en condicións normais non terían tido que subir ao taboleiro de marcas.

O Liceo desbaldiu non só a renda de dous goles coa que chegou ao ecuador da segunda metade (3-1), mais tamén dúas superioridades numéricas e até 3 penas máximas!! O Igualada, en troca, deu transformado en gol a única falta directa da que dispuxo, a que deu lugar ao 3-3 definitivo.

Con todo, o Liceo, ao empatar, mantén a última bala no seu poder. Continúa a depender de si propio. Se gaña o sábado en Lleida será campión. O Barcelona visita, alén do máis, unha cancha moi complicada: a do Igualada. Veremos se fronte aos blaugrana o Igualada mantén a tensión que exhibiu en Riazor.

Comentarios