O Deportivo deixa de ser subscritor de La Voz e di que o fai por orde xudicial

Nun comunicado o club coruñés indica que tamén se ve na obriga de “eliminar as comidas oficiais cos clubs que nos visitan”, de se dar de baixa na rede Wifi e de mercar no quiosque a prensa diaria deportiva.

Lendoiro na conferencia de imprensa

O Deportivo da Coruña aperta o cinto. Por orde xudicial do máis estrita, xustifican desde o club de fútbol. Non máis prensa deportiva mercada no quiosco. Non máis gozar da lectura de La Voz de Galicia que, como subscritores, recibían todas as mañanciñas para acompañar o café.

E as penalidades, como as desgracias, non veñen soas. Así que, por estrita orde xudicial, lembren, o Deportivo afirma que tamén ten que se dar de baixa en Canal Satélite Digital, “medio polo que os técnicos da Secretaría técnica realizaban seguimento de encontros e futbolistas”. Acabouse a pantalla de plasma para facer de 'ojeadores'.

Aliás, tamén ten o club coruñés que dar de baixa a Wifi, servizo que tiñan, sinala, “para os medios de comunicación no estadio de Riazor os días de partido e así reducir o gasto telefónico”.

Por último, mais non por iso menos importante, acabáronse as comidas oficiais cos clubs que chegan a Courña, así como “calquer gasto no palco de autoridades”.


 

Comentarios