O Deportivo empata co Xetafe nun partido moi aberto

Riki foi o artífice do gol coruñés, que coezou adiantándose no partido

O Deportivo da Coruña adiantouse ao pouco de comezar o partido en Riazor, no mínuto 6, cun golazo de Riki, o que facía prever un partido de intensidade e cos herculinos levando a batuta. E foi un partido de vertixe, si, área a área de mais no que o Xetafe tamén ensinou as súas cartas. Vinte minutos despois do gol deportivista, o equipo madrileño empataba grazas a un tanto de Barrada.

Ante un Riazor que voltou a deixar mans e gorxas en apoio do seu equipo, o Depor logrou un punto, no que xa é o seu segundo empate nesta temporada de regreso a primeira.

Comentarios