O Depor quer ratificar perante o Levante que non está soñando, e o Celta fronte ao Mallorca escorrentar o pesadelo

Novas citas cruciais para os equipos galegos de primeira división. O Deportivo xoga o sábado contra o Levante, mentres que o Celta enfrontarase o luns o Mallorca, o pechacancelas. Herculinos e vigueses, coa permanencia na cabeza. Mentres, e en Segunda, o CD Lugo recibe o Alcorcón disposto a confirmar a súa gran tempada

Plantilla Celta

Ningunha das afeccións se dá, nin moito menos, por vencida. Co HT de #Pódese por bandeira, os deportivistas están convencidos de que perante o Levante (sábado, 18:00 horas) van confirmar que os últimos encontros non son froito do chou ou da sorte. O Levante vai de 11º e ten 40 puntos. Os herculinos, 18ª. Veñen de gañar o Zaragoza cunha gran remontada e o ánimo (de xogadores, adestrador e siareir@s) está moi alto.

Non terán a Fernando Vázquez no banquiño, após ser sancionado con dous encontros, e Riki é dúbida para esta cita, o que pode que obrigue a refacer a táctica de ataque deportivista. Mais a confianza na vitoria é enorme. E con ela, conquistar a permanencia.

Sen marxe

O Celta xoga o luns (21:00 horas) e perante o Mallorca moito máis que tres puntos. Ambas equipas empatan a 24 puntos e son pechacancelas (mallorquíns) e penúltimos (galegos). Polo que esta cita vai ser agónica. O HT celtista é #XuntosConseguirémolo. As bancadas celestes non están dispostas a se render. E saben que a permanencia é posíbel. O Celta é experto en facer o imposíbel.

A vindeira xornada, os celestes teñen outra cita de importancia, contra o Zaragoza, outro rival directo. O Ceta sabe que gañar estes dous encontros é crucial.

Mentres, e desde a Segunda división, o CD Lugo enfróntase mañá o Alcorcón, que vai segundo na táboa, con 56 puntos. Os lucenses van 11º con 46. O equipo de Setién quere gañar o encontro e poñer un novo chanzo no camiño que está a protagonizar

Comentarios