O Compos poderá xogar finalmente en Segunda B

A Federación Española de Fútbol retira a obriga de pagar o aval de 400.000 euros ao club, que ameazaba con facelo desaparecer

SD Compostela
photo_camera SD Compostela

Un susto dos grandes pero, afortunadamente, máis nada. A Federación Española de Fútbol exixía á Sociedade Deportiva Compostela o pago dun aval de 400.000 euros antes das 00:00 horas do vindeiro día 8. Un pago que tiña que facer para poder competir en Segunda B, categoría á que o club compostelán gañou o ascenso no campo de xogo.

Esta petición da FEF axiña fixo que a preocupación e o malestar se estendesen non só por Santiago, senón polo fútbol galego, por non entender os motivos dunha decisión tan drástica. A Federación xustificaba a decisión en que había un pasado de débedas e impagos do club picheleiro. Mais eses feitos nada tiñan que ver coa directiva que leva dous anos e medio á fronte da SD Compostela.

Este argumento, o de que a nova directiva nada tiña que ver cos feitos anteriores e que nestes anos a xestión económica fora exemplar, para retirar a petición do aval. O Compos xogará en Segunda B. E por méritos propios, conquistados no campo de xogo.


 


 

Comentarios