O colectivo 'Roja en el Colacao' apoiará a Portugal en Braga

Organizan unha viaxe a Portugal que sairá de Compostela ás 17 horas. A convocatoria anunciouse no seu blogue e nas redes sociais.
Siareiros e siareiras de Portugal

Hai dous anos, o 29 de xuño de 2020, fora a plataforma cidadá 'Sei O Que Nos Figestes… nos últimos 525 anos' quen convocara unha viaxe para apoiar a Portugal, daquela no Mundial de Sudáfrica. Agora o motivo é o encontro que xogarán este serán as seleccións de España e Portugal a partir das 19:45 horas (hora galaico-portuguesa). Aquelas persoas interesadas poden achegarse ao blogue 'Roja en el Colacao' onde informan de prezos e horarios para vivir o partido na “Euro Vila Verde 2012” da Praça de Santo António en Vila Verde (Braga).

Comentarios