O Celta vai "tomar medidas" con Hugo Mallo e Iago Aspas por danar a imaxe do club

Na páxina oficial o clube asegura que "tomará as medidas internas oportunas" e insta a "pasar páxina e mirar adiante"
Hugo Mallo
photo_camera Hugo Mallo na conferencia de imprensa

Os incidentes do derbi entre o Depor e o Celta continúan protagonizando a páxina deportiva no fútbol galego. Nunha conferencia de imprensa o fútbolista celtiña Hugo Mallo pediu "perdón ao clube e aos seareiros que non se merecen isto" e Iago Aspas fixo o mesmo na súa conta de Twitter.

Nesta difícil situación o clube respondeu cunha nota oficial publicada na súa páxina web onde aseguran que o Celta "tomará as medidas internas oportunas" polos acontecementos de Riazor e insta a seareiras e seareiros a "pasar páxina e mirar cara adiante cunha idea clara: a equipa está a tres pontos da salvación e coa uníón de todos pode acadarse o obxectivo".

O Celta reitera a súa confianza plena "na equipa e o corpo técnico" cun obxectivo que consideran que segue dependendo deles mesmos. "Nada é imposíbel", aseguran.

O Celta vai ter que asumir a posibilidade dunha sanción de catro partidos a Iago Aspas nun final de liga complexo diante rivais como o F.C. Barcelona, o Mallorca ou o Zaragoza.

Foto: celtadevigo.net

Comentarios